Entradas

Última semana

Ola a todas/os, Agora si que chegamos ao remate do curso. Esta é xa a última semana e por iso unicamente vos vou pedir que cubrades a enquisa que vos deixo no enlace, para que valoredes o que vos pareceu este curso comigo. Faise en cinco minutos. Podedes cubrila a ordenador e enviarme ese documento ou imprimila e cubrila á man e mandarme unha foto. Este é o enlace: https://drive.google.com/file/d/1gy1avhNkClhRouv29TDlQSF1L1CyHn98/view?usp=sharing OLLO: A DATA LÍMITE DE ENTREGA É O XOVES 18 DE XUÑO . Ademais disto, chegou o momento de despedirnos. Dáme moitísima pena non poder facelo en persoa pero, para intentar que sexa un pouco máis de verdade, propóñovos que fagamos unha pequena videochamada a semana que vén. Para os de 1ºA xa temos posta a titoría o luns ás 20:30h, coma sempre. Para os de 1ºB e 1ºC farei unha videochamada conxunta e mandarei unha notificación por Abalar para informarvos do día e a hora. Loxicamente, non é obrigatorio asistir, pero estarei espe

Semana 12

Ola a todas/os, Esta xa é a penúltima semana de curso, polo que vai sendo hora de ir relaxando o ritmo, posto que sei que xa tedes a cabeza máis posta nas vacacións ca no traballo, e tamén o merecedes. Por iso, unicamente quero que corrixades os exercicios da semana pasada dos pronomes átonos e que me mandedes fotos das correccións . Déixovos a continuación o enlace co solucionario (recordade, eran os exercicios 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9 e 11 das páxinas 140-142): https://drive.google.com/file/d/1g8yyiQ4mFItcMGsQJp5tV6E_kd3TZUoQ/view?usp=sharing OLLO: A DATA LÍMITE DE ENTREGA É O VENRES 12 DE XUÑO , xa sabedes que non vou corrixir nada que se entregue fóra de prazo. Apertas, Tamara

Semana 11

Ola a todas/os, Déixovos aquí o traballo para esta semana: 1.      A semana pasada tivestes que facer os exercicios 3, 4, 6 e 9 da páxina 139 sobre vocabulario . Pois ben, agora é o momento de que os corrixades. Tedes o solucionario neste enlace: https://drive.google.com/file/d/1TLIkjJcYweJTxJjRkgswNRzlvcVyABQU/view?usp=sharing Xa sabedes que se a alguén non lle funciona o enlace, pode escribirme por correo e mándollo directamente por aí. No solucionario están todos os exercicios da páxina 139 pero debedes buscar unicamente os que tiñades que facer vós. Teredes que sacar unha fotografía aos exercicios corrixidos para que comprobe que vos parastes a facer isto. 2.      Os pronomes: imos avanzar un pouco a materia de gramática e centrarémonos esta semana nos pronomes persoais átonos (recórdovos que xa vimos os tónicos ao principio do confinamento). Tedes toda a teoría entre as páxinas 140-142 . Como fixen co xénero lírico, déixovos un podcast que vos gravei e q

Semana 10

Ola a todas/os, Déixovos aquí o traballo para esta semana: 1.      Xa hai tempo que non traballamos aspectos relacionados co vocabulario , polo que será no que nos centremos esta semana. Ide ás páxinas 138-139 . Coma sempre, anotade as palabras do cadro que non coñezades (p. 139) e, nesta ocasión, tedes que ser vós mesmas/os quen busquedes as súas definicións no dicionario . Copiade no caderno a palabra e a súa definición . Teredes que enviarme unha fotografía disto. Coidado, sei perfectamente que ninguén vai coñecer todas as palabras. Despois, botádelle un ollo ao apartado de “sufixos” da páxina 139 . Unha vez feito todo isto, facede no caderno os exercicios 3, 4, 6 e 9 da páxina 139 . Tamén me teredes que enviar unha foto disto. 2.      Traballo para entregar: esta semana, volvedes ter que facer un vídeo que vos permita así traballar a vosa expresión oral en galego. Neste caso, imos traballar un tema que nos debe preocupar a todas/os e que é o coidado do noso

Semana 9

Ola a todas/os, Como esta semana son festivos no instituto xoves e venres e, polo tanto, coa maioría de vós só tería dúas clases, apenas vou mandar traballo, xa que tamén merecedes un descanso no medio de toda esta situación que sei a algunhas e algúns vos está abafando. De feito, o que vos propoño é algo puramente lúdico que vos axudará a coñecer algo máis sobre Carvalho Calero (recórdovos que é o autor homenaxeado nas Letras Galegas): Trátase dun escape room ao que accederedes mediante este enlace: https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020?fbclid=IwAR3Dt84FalOZv-jz_lrAic2K_QOFIZ9d8vDt8J5EcK1eEbNG42aDEfhqrZE Teredes que conseguir pasar de pantalla e ir anotando os números que obteñades ao superar cada proba, para así ter a clave final que vos permitirá chegar a catro das obras deste autor. Fixádevos ben, na esquina inferior dereita aparecen tres puntiños que permiten poñer o xogo a pantalla completa. Dedicádelle tempo e atenci

Semana 8

Imagen
Ola a todas/os, Déixovos aquí o traballo para esta semana: 1.      Ao principio da corentena, mandeivos facer uns exercicios sobre os pronomes (das páxinas 122-123, as actividades 1, 2, 6 e 9 ). Non vos deixara as solucións porque confiaba en volver á clase e podermos corrixilos alí pero en vista de que isto non vai ser posible, déixovos nesta entrada o solucionario (están todos os exercicios das páxinas, tedes que buscar unicamente as solucións dos catro exercicios que vos pedín). Se alguén non os ten feitos, que os faga antes de corrixilos. Este é o enlace: https://drive.google.com/file/d/1MQJI7QA9ezWAq8-Hb2kL7q5W82qTvc2x/view?usp=sharing Deberedes mandarme fotos destes exercicios feitos no caderno e corrixidos. 2.      Seguimos coas correccións. Agora toca corrixir tamén os exercicios da semana pasada sobre o xénero lírico (recordo: 3, 5, 6, 7 e 10 das páxinas 126-127 ). Tamén me teredes que mandar unha foto na que se vexa que corrixistes os exercicios. Déixovos

Semana 7

Ola a todas/os, Déixovos aquí o traballo para esta semana: 1.      Esta semana imos comezar un novo apartado da materia, que ten que ver co xénero lírico. Lémbrovos que xa vimos detalladamente todos os elementos da narrativa e agora tócanos traballar coa poesía. Para isto, o primeiro e fundamental é que escoitedes ben este podcast que gravei para vós, coa explicación de todo o que aparece nas páxinas 126 e 127 . Déixovos o enlace e se alguén non pode escoitalo porque non lle funciona o enlace, que me escriba por correo: https://drive.google.com/file/d/13WICtaBd9v3Grz3eSoaKankWEZEXe5Ea/view?usp=sharing   Repito: é moi importante que o escoitedes , tomádeo como se se tratase dunha clase por videoconferencia (como explico no podcast, non estou facendo isto, polo menos de momento, porque hai persoas que non teñen a opción de conectarse e quero que todo o mundo poida ter acceso a toda a información). Unha vez escoitastes iso, facede os exercicios 3, 5, 6, 7 e 10 das pá