Semana 12


Ola a todas/os,

Esta xa é a penúltima semana de curso, polo que vai sendo hora de ir relaxando o ritmo, posto que sei que xa tedes a cabeza máis posta nas vacacións ca no traballo, e tamén o merecedes.

Por iso, unicamente quero que corrixades os exercicios da semana pasada dos pronomes átonos e que me mandedes fotos das correccións. Déixovos a continuación o enlace co solucionario (recordade, eran os exercicios 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9 e 11 das páxinas 140-142):


OLLO: A DATA LÍMITE DE ENTREGA É O VENRES 12 DE XUÑO, xa sabedes que non vou corrixir nada que se entregue fóra de prazo.

Apertas,
Tamara

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Última semana

Semana 7

Semana 9