Entradas

Mostrando entradas de abril, 2020

Semana 6

Ola a todas/os, Como esta semana só teriamos 3 días de clase, xa que o venres é festivo, e que ademais sei que estades un pouco agobiados, ides ter menos traballo. Iso si, quero que todas e todos fagades as poucas tarefas que vos pido: 1.      Debedes corrixir os exercicios de puntuación da semana pasada. Tedes o solucionario neste enlace (https://drive.google.com/file/d/1T7rD-bUrCUF1-d-uN9i5TugmUGMdpdxe/view?usp=sharing). Buscade os exercicios que fixemos e as súas solucións. Despois, quero que escribades brevemente no caderno cales foron os principais fallos que tivestes (cales son os signos de puntuación nos que máis fallastes, en cal das regras de uso tedes máis erros etc.). É moi importante que analicedes as vosas dificultades e reflexionedes sobre elas para poder melloralas. Chega con que o fagades no caderno e me mandedes unha foto , xa que isto non vai contar como redacción, pero vaime servir para ver que aprendestes e, ademais, para comprobar que corrixistes os exerci

Semana 5

Ola a todas/os, Lede atentamente toda esta entrada Empezamos agora unha nova fase na que cada semana me teredes que entregar unha tarefa , que eu vos corrixirei e vos devolverei. Como xa avisei ás vosas familias por Abalar, todas as cousas que me entreguedes terán que estar feitas en Word ou Libre Office e tedes que mandarmas por correo. Unicamente aceptarei fotos de textos escritos á man naqueles casos en que os vosos pais ou as vosas nais me manden un correo xustificándome eles mesmos que non dispoñedes de ordenador na casa. É dicir, que SE ALGUÉN ME ENVÍA FOTO DUN TEXTO Á MAN, NON O VOU ACEPTAR (a non ser que a familia mo xustificase oficialmente). Non obstante, tamén vos pedirei que me mandedes algunha fotografía doutras actividades, só co fin de comprobar que as fixestes, pero non volas corrixirei. Para corrixiras, subirei solucionarios ou outras ferramentas á semana seguinte e seredes vós mesmas/os quen vos encarguedes de corrixir os erros.   Dito isto, o trab

Semana 4

Benvidas/os da volta das vacacións. Aquí queda o traballo para esta semana:  -         Lectura e comprensión: ler o texto “Bágoa de lúa” das páxinas 134-135 e facer os exercicios 3, 4, 7 e 8 da páxina 136 . Ademais, tedes que: a)  Facer un resumo da lectura “Bágoa de lúa”. b)  Resumir outra historia que coñezades na que haxa elfos, centauros ou outras criaturas fantásticas . Se non coñecedes ningunha, deberedes facer un pequeno labor de investigación para descubrir algunha historia con este tipo de personaxes. c)  Crear a vosa propia historia fantástica . Creade un pequeno relato fantástico con este tipo de criaturas. Pensade ben cales son os protagonistas/antagonistas, cal é o seu obxectivo, describide ben o tempo e o espazo etc. -        Galego: lingua útil à Imos demostrar que o galego é unha lingua tan útil coma calquera outra e que ninguén debería desprestixiala por non selo. Facede unha pequena enquisa nas vosas casas para saber que opinan os vosos familiares sob