Semana 5


Ola a todas/os,
Lede atentamente toda esta entrada
Empezamos agora unha nova fase na que cada semana me teredes que entregar unha tarefa, que eu vos corrixirei e vos devolverei. Como xa avisei ás vosas familias por Abalar, todas as cousas que me entreguedes terán que estar feitas en Word ou Libre Office e tedes que mandarmas por correo. Unicamente aceptarei fotos de textos escritos á man naqueles casos en que os vosos pais ou as vosas nais me manden un correo xustificándome eles mesmos que non dispoñedes de ordenador na casa.
É dicir, que SE ALGUÉN ME ENVÍA FOTO DUN TEXTO Á MAN, NON O VOU ACEPTAR (a non ser que a familia mo xustificase oficialmente).
Non obstante, tamén vos pedirei que me mandedes algunha fotografía doutras actividades, só co fin de comprobar que as fixestes, pero non volas corrixirei. Para corrixiras, subirei solucionarios ou outras ferramentas á semana seguinte e seredes vós mesmas/os quen vos encarguedes de corrixir os erros.  

Dito isto, o traballo desta semana é o seguinte, centrado na expresión escrita:

Debedes recuperar a carpeta de expresión escrita. Recórdovos que o último que vimos era o uso dos signos de puntuación. Unha das cousas que tiñades que facer era puntuar correctamente o texto de “Autobiografía ficticia dun reloxo de cuco”.

a)     O primeiro que debedes facer é corrixir vós mesmos esa actividade da autobiografía do reloxo de cuco. Aquí vos deixo un enlace coas solucións:


b)    Ademais, para seguir practicando, debedes ler a teoría que aparece nas páxinas 5 e 9 neste documento:

Unha vez lestes a teoría, facede no caderno as seguintes actividades dese mesmo documento:
o   Páxinas 6-8 exercicios: 2, 3, 4 e 7
o   Páxinas 10-12 exercicios: 10, 11, 12 e 16.
A semana que vén colgarei os solucionarios desas actividades. Porén, para comprobar que as facedes, quero que me enviedes por correo unhas fotos nas que se vexan estes exercicios feitos no caderno. Mandádemos xa no mesmo correo no que me vaiades enviar a tarefa desta semana, que explico no apartado seguinte.


c)     Agora é momento de poñer en práctica todo o que fomos vendo dos signos de puntuación. Para isto, tedes que crear un texto que constitúa unha autobiografía ficticia, como a que vimos do reloxo de cuco. COIDADO, ESTA ACTIVIDADE É A QUE TEDES QUE ENTREGAR ESTA SEMANA, POLO QUE TEDES QUE FACELA NO ORDENADOR, CON WORD OU LIBRE OFFICE.

Para realizala, volvede ler a autobiografía do reloxo de cuco para inspirarvos e imitar o modelo (fixádevos, ten que estar narrada en 1ª persoa e en pasado). Póñovos a continuación unha listaxe de personaxes dos que teredes que escoller un e elaborar a súa autobiografía ficticia (recordade: en 1ª persoa [é dicir, ese personaxe é quen conta a súa propia historia] e en pasado):
o   A avoa de Carapuchiña vermella
o   O porquiño que fixo a casa de palla (do conto dos Tres porquiños)
o   O monstro do Lago Ness
o   Dori (de Buscando a Nemo)
o   A variña máxica de Harry Potter
o   Un dos ananos do conto de Brancaneves
o   A maleta de Mary Poppins

Extensión aproximada: 10-20 liñas a ordenador nunha letra Times New Roman tamaño 12

RESUMO DO QUE ME TEDES QUE ENVIAR POR CORREO:
-       Un arquivo en word/Libre office coa autobiografía ficticia que creastes (para enviar un arquivo, cando escribides o correo tedes que picar no botón que ten un debuxo dun clip; abrirásevos unha ventá na que seleccionades o arquivo que queredes enviar e listo).
-       Unha foto do voso caderno no que se vexan os exercicios de puntuación que acabo de mandar.
Recordo o meu correo: tamara.rial.montes@edu.xunta.gal

Tedes ata o venres para enviarme o correo.
Moito ánimo e a traballar,
Tamara

Comentarios

  1. Hola, Tamara.

    Aquí manda que tenemos que hacerlo todo a Word o libre office pero después en los ejercicios mandas hacerlo en el cuaderno, entonces me lía. Donde lo hacemos en libre office o en el cuaderno o en las dos cosas?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Yeray,
      Aí pon que a autobiografía hai que facela en Word ou Libre office pero que os exercicios se poden facer no caderno e mandar fotos. Iso é porque vos vou poñer correccións na redacción pero os exercicios só vou comprobar que os fixésedes, por iso non os necesito en Word.

      Un saúdo,
      Tamara

      Eliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Semana 7

Semana 8

Galego