Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2020

Semana 3

-        Lectura e comprensión: visitade un xornal en galego (déixovos a continuación enlaces a varios deles), buscade unha noticia que vos interese e facede no caderno o seguinte: o    Indicade de que xornal e de que data é a noticia . o    Copiade o titular tal e como aparece no xornal . o    Facede un resumo da noticia, achegando toda a información necesaria para que alguén que non a lese entenda de que vai. Para comprobar isto, ao rematar de escribilo, lédello a alguén da vosa familia e comprobade se existe algún problema de comprensión. Estes son os enlaces aos xornais: o    https://www.nosdiario.gal/ o    https://www.galiciaconfidencial.com/ o    https://praza.gal/ -        Expresión escrita: agora que estivestes traballando con noticias, ídesvos converter en xornalistas e contar algo que vos ocorrese durante esta corentena como se se tratase dunha noticia de interese . Recordade poñerlle un titular e incluír información sobre que pasa, a quen, cando,

Semana 2

Ola! Seguimos co traballo da segunda semana: -         Lectura e comprensión: ler o texto das páxinas 80-81 (é a lectura que saltamos) e facer os exercicios 6 e 9 da páxina 82 . Ademais, tedes que:                        a)Subliñar as ideas principais dese texto              b)Facer un resumo           c) Facer unha pequena redacción sobre a profesión á que vos gustaría dedicarvos no futuro (se non o sabedes, podedes inventalo) e sobre a importancia de loitar por conseguir o que se quere . Lembrade o que traballamos da división en parágrafos, os signos de puntuación, o uso de nexos etc. -           Exploramos recursos en galego: entra na web do Portal das palabras (un recurso da RAG) e vai á súa sección de vídeos (este é o enlace directo para esta sección: https://portaldaspalabras.gal/videos/ ) . Así, varias persoas da RAG explican dúbidas sobre palabras ou expresións en galego. Escolle o vídeo que máis che interese polo tema que trata (fíxate que, abaixo do úl

Semana 1

Traballo para esta primeira semana:  -              Ler o texto das páxinas 116-117 e facer os exercicios 1, 4, 6 e 7 da páxina 118 (coidado, para facer o resumo do exercicio 7 lembrade usar nexos, empregar os signos correctos de puntuación etc.). -         Comprensión escrita: imos traballar a distinción entre as ideas principais e secundarias dun texto. Para isto, empregaremos a lenda que aparece na páxina 109 . Subliñade as ideas principais cunha liña continua e marcade cunha liña descontinua as ideas secundarias (se o libro non é voso, copiádeas no caderno). -         Busca na rede un total de 10 páxinas web en galego e anótaas no caderno . Isto está relacionado co que traballamos na páxina 119. Podedes poñer como título da actividade: Galego, lingua de internet. -            Vocabulario: coma sempre, mirade que palabras da páxina 120 non coñecedes. Neste caso, buscádeas no dicionario ( https://academia.gal/dicionario/#inicio.do ) e anotade o significado no

Galego

Ola a todas e todos, Creo este blog para ir colgando o traballo que quero que fagades. Crearei unha entrada cada semana, onde vos detallarei as tarefas que tedes que facer e tamén vos direi se tedes que entregarme algunha cousa por correo electrónico ou por algunha outra vía. Polo tanto, quero que revisedes diariamente este blog para ver se hai algunha novidade. Aproveito tamén para deixar aquí o meu enderezo de correo electrónico, ao que me poderedes escribir en caso de ter algunha dúbida importante. De todas formas, cando as dúbidas sexan sobre as tarefas que poño no blog, deixade un comentario no propio blog. Correo electrónico: tamara.rial.montes@edu.xunta.gal Un saúdo e ánimo a todas/os, Espero que nos vexamos moi pronto, Tamara