Semana 2


Ola! Seguimos co traballo da segunda semana:

-       Lectura e comprensión: ler o texto das páxinas 80-81 (é a lectura que saltamos) e facer os exercicios 6 e 9 da páxina 82.
Ademais, tedes que:
                      a)Subliñar as ideas principais dese texto
             b)Facer un resumo
          c) Facer unha pequena redacción sobre a profesión á que vos gustaría dedicarvos no futuro (se non o sabedes, podedes inventalo) e sobre a importancia de loitar por conseguir o que se quere. Lembrade o que traballamos da división en parágrafos, os signos de puntuación, o uso de nexos etc.

-          Exploramos recursos en galego: entra na web do Portal das palabras (un recurso da RAG) e vai á súa sección de vídeos (este é o enlace directo para esta sección: https://portaldaspalabras.gal/videos/). Así, varias persoas da RAG explican dúbidas sobre palabras ou expresións en galego.
Escolle o vídeo que máis che interese polo tema que trata (fíxate que, abaixo do último vídeo, hai unhas frechas para ver máis vídeos) e fai un resumo no caderno sobre el (terás que poñer cal é a palabra ou expresión sobre a que se centra o vídeo, cal é a dúbida en relación a esa palabra ou expresión e cal é o resultado correcto).

-          Gramática: imos comezar cos pronomes e, máis concretamente, cos pronomes persoais tónicos. Botádelle un ollo á teoría das páxinas 122 e 123 e facede os exercicios 1 (ademais do que di o enunciado, marcada se son determinantes ou pronomes), 2, 6 e 9.

Veña, que xa non queda nada e enseguida nos veremos de novo na aula! 
Un saúdo e unha aperta a todas e todos :) 

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Semana 7

Semana 8

Galego