Semana 11
Ola a todas/os, Déixovos aquí o traballo para esta semana: 1. A semana pasada tivestes que facer os exercicios 3, 4, 6 e 9 da páxina 139 sobre vocabulario . Pois ben, agora é o momento de que os corrixades. Tedes o solucionario neste enlace: https://drive.google.com/file/d/1TLIkjJcYweJTxJjRkgswNRzlvcVyABQU/view?usp=sharing Xa sabedes que se a alguén non lle funciona o enlace, pode escribirme por correo e mándollo directamente por aí. No solucionario están todos os exercicios da páxina 139 pero debedes buscar unicamente os que tiñades que facer vós. Teredes que sacar unha fotografía aos exercicios corrixidos para que comprobe que vos parastes a facer isto. 2. Os pronomes: imos avanzar un pouco a materia de gramática e centrarémonos esta semana nos pronomes persoais átonos (recórdovos que xa vimos os tónicos ao principio do confinamento). Tedes toda a teoría entre as páxinas 140-142 . Como fixen co xénero lírico, déixovos un podcast que vos gravei e q