Semana 11


Ola a todas/os,

Déixovos aquí o traballo para esta semana:

1.     A semana pasada tivestes que facer os exercicios 3, 4, 6 e 9 da páxina 139 sobre vocabulario. Pois ben, agora é o momento de que os corrixades. Tedes o solucionario neste enlace:

Xa sabedes que se a alguén non lle funciona o enlace, pode escribirme por correo e mándollo directamente por aí. No solucionario están todos os exercicios da páxina 139 pero debedes buscar unicamente os que tiñades que facer vós.
Teredes que sacar unha fotografía aos exercicios corrixidos para que comprobe que vos parastes a facer isto.

2.     Os pronomes: imos avanzar un pouco a materia de gramática e centrarémonos esta semana nos pronomes persoais átonos (recórdovos que xa vimos os tónicos ao principio do confinamento). Tedes toda a teoría entre as páxinas 140-142.
Como fixen co xénero lírico, déixovos un podcast que vos gravei e que é preciso que escoitedes para entender ben estes contidos:

Como digo no podcast, debedes facer os exercicios 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9 e 11 desas páxinas (140-142) (no podcast explico cada un dos exercicios e fago o primeiro exemplo de cada un, así que prestade atención).

Como isto xa vos vai levar bastante tempo (necesitades escoitar o podcast con calma e despois facer os exercicios), non teredes que entregar vídeo nin redacción esta semana. Pero tedes que pararvos con isto e intentar facelo ben. Debedes enviarme unha foto dos exercicios feitos no caderno.

RESUMO DO QUE ME TEDES QUE ENVIAR POR CORREO:
-       Fotografías do caderno de:
o   Corrección dos exercicios de vocabulario (p. 139 exs.: 3, 4, 6 e 9)
o   Exercicios dos pronomes (p. 140-142 exs.: 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9 e 11)

OLLO: A DATA LÍMITE DE ENTREGA É O VENRES 5 DE XUÑO, xa sabedes que non vou corrixir nada que se entregue fóra de prazo.

Apertas e ánimo, que xa estamos a piques de rematar,
Tamara

Comentarios

Entradas populares de este blog

Semana 7

Semana 8

Última semana