Semana 9


Ola a todas/os,

Como esta semana son festivos no instituto xoves e venres e, polo tanto, coa maioría de vós só tería dúas clases, apenas vou mandar traballo, xa que tamén merecedes un descanso no medio de toda esta situación que sei a algunhas e algúns vos está abafando. De feito, o que vos propoño é algo puramente lúdico que vos axudará a coñecer algo máis sobre Carvalho Calero (recórdovos que é o autor homenaxeado nas Letras Galegas):


Teredes que conseguir pasar de pantalla e ir anotando os números que obteñades ao superar cada proba, para así ter a clave final que vos permitirá chegar a catro das obras deste autor.
Fixádevos ben, na esquina inferior dereita aparecen tres puntiños que permiten poñer o xogo a pantalla completa. Dedicádelle tempo e atención.

Para comprobar que o fixestes e que conseguistes extraer a información máis relevante, teredes que entregarme por correo unha pequena reflexión que inclúa os puntos que se indican a continuación:
-       As catro obras ás que chegastes ao final do xogo
-       Os catro datos que máis vos chamaron a atención sobre o autor (ben sexa relacionado coa súa biografía, ben coa súa formación ou coa súa obra)
-       A vosa opinión persoal sobre a actividade

DATA LÍMITE DE ENTREGA: MÉRCORES 20 DE MAIO (xoves e venres son festivos), xa sabedes que non acepto nada que se entregue fóra de prazo.

Unicamente tedes que facer unha actividade, así que non hai escusas de ningún tipo para facela mal ou para non entregala a tempo.  

Un saúdo e unha aperta,
Tamara

Comentarios

  1. Ola Tamara, hai que facelo a ordenador non?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Carme, neste caso dáme igual que o fagades a ordenador ou á man. Non o vou corrixir como unha redacción, só vou ter en conta que o fixésedes e que conseguísedes obter información do escape room.

      Eliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Semana 7

Semana 8

Última semana