Semana 3


-       Lectura e comprensión: visitade un xornal en galego (déixovos a continuación enlaces a varios deles), buscade unha noticia que vos interese e facede no caderno o seguinte:

o   Indicade de que xornal e de que data é a noticia.
o   Copiade o titular tal e como aparece no xornal.
o   Facede un resumo da noticia, achegando toda a información necesaria para que alguén que non a lese entenda de que vai. Para comprobar isto, ao rematar de escribilo, lédello a alguén da vosa familia e comprobade se existe algún problema de comprensión.

Estes son os enlaces aos xornais:

-       Expresión escrita: agora que estivestes traballando con noticias, ídesvos converter en xornalistas e contar algo que vos ocorrese durante esta corentena como se se tratase dunha noticia de interese. Recordade poñerlle un titular e incluír información sobre que pasa, a quen, cando, onde e por que (son os puntos básicos de calquera noticia).

-       Ortografía: a partir das listas de palabras da páxina 124, facede os exercicios 2, 3, 4, 5 e 8 das páxinas 124-125.

-       Reto – 7 días en galego: isto vai sobre dirixido sobre todo para os que falades castelán nas vosas casas. Propóñovos un reto! Esta semana, todas e todos teredes que falar en galego na casa polo menos durante 1 hora cada día. Pero iso non é todo; se non, sería un reto demasiado fácil! O que tedes que conseguir realmente é que as vosas familias vos sigan e que tamén falen galego durante 1 hora mínimo. Ánimo, estou segura de que o podedes conseguir ;).  
Para este reto, teredes que escribir cada día como foi a experiencia (abonda con 3 liñas) e, ao final da semana, quero que me enviedes por correo un resumo de todo, contándome como o fixestes, cales foron as principais dificultades (se as houbo) e, por suposto, se o conseguistes ou non!
A ver cantos o superades ;)
Recordo o meu correo: tamara.rial.montes@edu.xunta.gal

Á volta de Semana Santa espero poder dicirvos algo sobre como imos organizar exactamente o 3º trimestre, sobre se me tedes que entregar algunha das tarefas que vos pedín ata agora etc.

Pero, de momento, facede isto esta semana e a que vén estaredes de vacacións, que estou segura de que tamén necesitades un descanso.

Unha vez máis, moito ánimo!

Comentarios

  1. Ola Tamara son xosé a noticia de expresión escrita ten que ser verdade?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Xosé, non ten por que ser de verdade, pero tela que contar como se o fose. Tes que contala en terciera persoa, como se non foses ti o protagonista.

      Eliminar
  2. A noticia de unha anécdota ten que ser en primera ou terceira persoa???

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ten que ser en terceira persoa, coma todas as noticias! Telo que contar como se foses un xornalista alleo á noticia (aínda que en realidade fales de ti mesmo). Intenta presentalo como unha noticia que lle poida interesar a todo o mundo.

      Eliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Semana 7

Semana 8

Galego