Semana 1


Traballo para esta primeira semana: 

-            Ler o texto das páxinas 116-117 e facer os exercicios 1, 4, 6 e 7 da páxina 118 (coidado, para facer o resumo do exercicio 7 lembrade usar nexos, empregar os signos correctos de puntuación etc.).

-       Comprensión escrita: imos traballar a distinción entre as ideas principais e secundarias dun texto. Para isto, empregaremos a lenda que aparece na páxina 109. Subliñade as ideas principais cunha liña continua e marcade cunha liña descontinua as ideas secundarias (se o libro non é voso, copiádeas no caderno).

-       Busca na rede un total de 10 páxinas web en galego e anótaas no caderno. Isto está relacionado co que traballamos na páxina 119. Podedes poñer como título da actividade: Galego, lingua de internet.

-          Vocabulario: coma sempre, mirade que palabras da páxina 120 non coñecedes. Neste caso, buscádeas no dicionario (https://academia.gal/dicionario/#inicio.do) e anotade o significado no caderno. Na clase, farei unha pequena proba oral de vocabulario para a que só poderedes ter diante o caderno; así, asegurareime de que todo o mundo buscou as palabras que non coñecía.
-                Actividades de vocabulario: páxina 121, exercicios 2, 4 e 11.

-      Expresión escrita: individualmente, repasade todos os signos de puntuación do texto da “autobiografía dun reloxo de cuco” (tedes que ter este texto dentro da carpeta de expresión escrita, pois foi co que traballamos o último venres). Revisade con moita detención que estean todos os signos postos e que estean ben porque, para a semana que vén, mandareivos facer unha actividade a partir disto. Quen non teña a ficha, pode descargala neste enlace: 

Moito ánimo e traballade moito! 





Comentarios

  1. Eu o venres que diches o texto de autobiografia dun reloxo de cuco eu non estiven poderiasmo mandar. Grazas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Acabo de engadir na entrada un enlace para que poidades ver e descargar o documento da autobiografía do reloxo de cuco.

      Eliminar
    2. Recibidotanara Xosé primeiro b

      Eliminar
  2. No de comprensión escrita hai que copialo en dúas partes ou pódese escribir todo seguido

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pódese facer todo xunto. Escribes unha vez o texto e aí subliñas con liña continua as ideas principais e con liña descontinua as secundarias.

      Eliminar
  3. No de a autobiografia dun reloxo de cuco imprimímolo pero non sabemos que lle pasa a impresora e saíu en verde

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Semana 7

Semana 8

Galego