Semana 4



Benvidas/os da volta das vacacións. Aquí queda o traballo para esta semana: 

-       Lectura e comprensión: ler o texto “Bágoa de lúa” das páxinas 134-135 e facer os exercicios 3, 4, 7 e 8 da páxina 136.
Ademais, tedes que:
a) Facer un resumo da lectura “Bágoa de lúa”.
b) Resumir outra historia que coñezades na que haxa elfos, centauros ou outras criaturas fantásticas. Se non coñecedes ningunha, deberedes facer un pequeno labor de investigación para descubrir algunha historia con este tipo de personaxes.
c) Crear a vosa propia historia fantástica. Creade un pequeno relato fantástico con este tipo de criaturas. Pensade ben cales son os protagonistas/antagonistas, cal é o seu obxectivo, describide ben o tempo e o espazo etc.

-       Galego: lingua útil à Imos demostrar que o galego é unha lingua tan útil coma calquera outra e que ninguén debería desprestixiala por non selo. Facede unha pequena enquisa nas vosas casas para saber que opinan os vosos familiares sobre isto e, despois de ler o que pon na páxina 137, tratade de argumentarlles por que si é unha lingua útil. 
Despois, buscade en Youtube o vídeo “Lingua minoritaria”, da canle de Manuel Núñez Singala (o autor de O achado do castro) e anotade os tres datos do vídeo que máis vos chamaron a atención. Este é o enlace: https://www.youtube.com/watch?v=scARyXKiZHk&t=70s

Isto é todo por esta semana. Non tedes moito traballo porque aínda acabamos de volver das vacacións. Porén, poñédevos as pilas porque a semana que vén comezaremos este trimestre con forza. Ademais, para daquela xa saberemos como vai ser o trimestre e poderei darvos indicacións máis claras de como imos traballar durante o tempo que nos queda de curso.

Un saúdo,
Tamara 

Comentarios

  1. Ola bo día Tamara, de que trata a historia de bágoa de lúa? Non a acabose entender para face o resumo. Un saludo
    Xosé

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Xosé,
      Síntoo pero iso tes que conseguir entendelo ti, diso trata a actividade! Volve lela con calma atendendo ben á parte da introdución que está na primeira páxina arriba de todo.

      Un saúdo,
      Tamara

      Eliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Semana 7

Semana 8

Galego